A. C. Os Muiños...'s profileA. C. Os Muíños de Olive...PhotosBlogListsMore Tools Help

A. C. Os Muíños de Oliveira

Pola recuperación das nosas tradicións

A. C. Os Muiños de Oliveira Ponteareas

Occupation
Location
Interests
Fundado no ano 1991 e con ganas de seguir facendo moitas cousas aínda.
Presupostos e contratación
Photo 1 of 63
Hola a todos.
Este é o lugar onde poderedes deixar as vosas suxestións e opinións.
Un saúdo.
Please wait...
Sorry, the comment you entered is too long. Please shorten it.
You didn't enter anything. Please try again.
Sorry, we can't add your comment right now. Please try again later.
To add a comment, you need permission from your parent. Ask for permission
Your parent has turned off comments.
Sorry, we can't delete your comment right now. Please try again later.
You've exceeded the maximum number of comments that can be left in one day. Please try again in 24 hours.
Your account has had the ability to leave comments disabled because our systems indicate that you may be spamming other users. If you believe that your account has been disabled in error please contact Windows Live support.
Complete the security check below to finish leaving your comment.
The characters you type in the security check must match the characters in the picture or audio.
Richar ánimo, xa falta pouco para que veñas home, non te desanimes, que inda temos que terminar o churrasco que tes no coxelador... e tes que recuperar todos eses kilos que perdeches, jajajajajajajajajaja.... ti xa sabes o que tes que facer traernos unha langosta ben ghrandiña e ti comelo churrasquiño todo.
 
bicos, Andrea G.
June 5
enton que non me contades nada
May 24
Nós ben. Xa o sabes.
Esperando que veñas pa montarche unha festa!
Biquiños.
May 23
hola oubellas como estades eu por aqui ben un saudo
May 20
No list items have been added yet.
6/21/2009

Outro bo resultado

Este domingo, día 21 de Xuño, celebrouse o Concurso de Música Tradicional da A. F. Cantigas e Agarimos, no Centro Social de Vite en Santiago de Compostela.
As Pandereteiras da AC Os Muíños de Oliveira participaron na categoría D, correspondente a maiores de 18 anos, na que acadaron o 2º PREMIO.
 
6/14/2009

Un novo premio para o baile

Na mañá de hoxe (14 de xuño) celebrouse o Concurso de Baile Tradicional da A. F. Cantigas e Agarimos, no Teatro Principal de Santiago de Compostela.
O Grupo de Baile da AC Os Muíños de Oliveira participou na categoría C, na que acadaron o 3º PREMIO.
Noraboa ós nosos peques (e non tan peques) por este novo éxito.
5/17/2009

FESTIVAL FOLCÓRICO polo DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Como xa vos viñamos indicando na axenda, hoxe terá lugar na Casa Cultural de Os Muíños de Oliveira o Festival Folclórico con motivo do Día das Letras Galegas.
Comezará ás 18:00h e nel participarán o grupo de baile "Ondiñas do Mendo" de Leirado (Salvaterra de Miño), e o Grupo Folclórico Estrelas dos Vales (Monçao - Pontugal).
Alí vos esperamos a todos.
5/11/2009

Outro novo premio

Este domingo, día 10 de Maio, celebrouse o XX Concurso de Música Tradicional da A. X. Xacarandaina, na cidade da Coruña.
As Pandereteiras da AC Os Muíños de Oliveira participaron na categoría D, correspondente a maiores de 18 anos, na que acadaron o 1º PREMIO.
A próxima cita será no Concurso de Música Tradicional da A. C. Cantigas e Agarimos, en Santiago o vindeiro 21 de Xuño.
4/23/2009

Actuación das Pandereteiras en Madrid

Entre os días 24 de abril e 3 de maio celébrase en Alcobendas (Madrid) a XIV Semana del Marisco, coa que conxuntamente se organiza a FEIGA (Feira Exposición Identitaria de Galicia). Este acontecemento contará cun representativo programa cultural da nosa terra.
Entre as diversas actuacións estará a das Pandereteiras de "Os Muíños de Oliveira", que participarán o domingo 26 de abril ás 17:00h.
Se este fin de semana pasades por Madrid estades convidados a vir a ver a súa actuación.
Un saúdo.
4/20/2009

Outro resultado positivo das nosas pandereteiras

Este domingo, día 19 de Abril, celebrouse o X Concurso de Música Tradicional da A. X. Xiradela, como cada ano por estas datas, na cidade de Arteixo.
As Pandereteiras da A. C. "Os Muíños e Oliveira" participaron na categoría D, correspondente á media de idades máis alta, na que acadaron o 2º PREMIO.
A próxima cita será no Concurso de Música Tradicional da A. X. Xacarandaina, o vindeiro 10de Maio.
3/7/2009

SERÁN

Hoxe, como xa ven sendo habitual por estas datas, celébrase o Serán da AC Os Muíños de Oliveira na nosa Casa Cultural.
A festa comezará arredor das 21:30h.
Esperamos vervos a todos alí.
Saúdos.
A bolgmestra.
2/5/2009

II Concurso de Gaitas Nazario González "Moxenas"

O sábado 7 de marzo celebrarase a II edición do Concurso de Gaitas Nazario González "Moxenas".
Para todos aqueles que estean interesados en participar achegámosvos o enlace de acceso ás bases:  http://www.ctv.es/USERS/cvallada/
Un saúdo. 
A bolgmestra.

2/2/2009

FESTIVAL DE ENTROIDO

O sábado 28 de febreiro, ás 22:00h, terá lugar o xa habitual Festival de Entroido na Casa Cultural da AC OS Muíños de Oliveira.
Comezará cunha cea que dará paso á actuación dos direfentes grupos da Asociación, que amenizarán a festa, na que haberá un Concurso de Disfraces.
O menú, o típico destas datas: Lacón con grelos. Prezo: 12€ socios e 14€ non socios.
Todos aqueles que queirades asistir deberedes poñervos en contacto coa Xunta Directiva para confirmar asistencia no teléfono 986661863.
Saúdos a todos.
A webmestra.