More servicesWindows Live
HomeHotmailSpacesOneCare
 
MSN
Sign in
 
 
Spaces home  A. C. Os Muíños de Olive...PhotosProfileFriendsBlog Tools Explore the Spaces community

Blog

7/8/2008

Novo éxito

Como xa dixeramos anteriormente, o pasado domingo 6 de xullo celebrábase o Concurso de Baile Tradicional da AX Xacarandaina, no que participaron, na categoría C, a canteira do GBMT da AC Os Muíños de Oliveira, interpretando unha Muiñeira de Carelle.
Tiveron un grupo de acompañamento de luxo: gaita, tambor, bombo, acordeón, pandeireta, botella...
Os rapaces fixérono moi ben, polo que gañaron o 3º PREMIO, e dende aquí dámoslle todos a nosa máis sinceira noraboa.
Seguide así, rapaces!
6/27/2008

Participación no Concurso de Baile Tradicional da AX Xacarandaina

O domingo 6 de xullo celebrarase, coma tódolos anos por estas datas, o Concurso de Baile Tradicional da AX Xacarandaina no Palacio da Ópera da cidade da Coruña.
Este ano participará nel, na categoría C, a canteira do GBMT da AC Os Muíños de Oliveira, interpretando unha Muiñeira de Carelle.
Dende aquí mandámoslle ánimo ós nosos rapaces para que o fagan todo o mellor que saben.

DSC04226

6/5/2008

Novo premio das Pandereteiras

O día 25 de Maio, celebrouse o I Concurso de Música Tradicional da A. C. Galanía na vila de Muros.
As Pandereteiras da AC Os Muíños de Oliveira participaron na categoría C, correspondente á media de idades máis alta, na que acadaron o 2º PREMIO.
 
Por cuestións de axenda polo momento non poderán presentarse a máis concursos de música tradicional, polo que vos animamos a vir ás actuacións do GMBT "Os Muíños de Oliveira" se vos apetece disfrutar un rato da nosa música e o noso baile.
5/15/2008

Novas actuacións

Novas datas de actuacións do Grupo de Baile e Música Tradicional da AC Os Muíños de Oliveira:
 
O Grupo de Baile actuará o sábado 17 de maio en Ponteareas pola mañá, con motivo da celebración do Día das Letras Galegas.
O Grupo de Pandereteiras participará o domingo 25 de maio en Muros, no Concurso de Música Tradicional da Asociación Galanía.
O Grupo de Baile volverá actuar o sábado 7 de xuño en Pontesampaio, Pontevedra, pola tarde, con motivo da Festa dos Héroes; e o domingo 8 de xuño en Xinzo, Ponteareas, tamén pola tarde. O domingo 15 de xuño participarán no Festival Folclórico de San Xoan de Longos Vales, en Monçao, Portugal.
4/28/2008

Novos resulados

Este domingo, día 27 de Abril, celebrouse o Concurso de Música Tradicional da A. X. Xacarandaina na cidade de A Coruña.
As Pandereteiras da A. C. "Os Muíños e Oliveira" participaron na categoría D, correspondente á media de idades máis alta, na que acadaron o 2º PREMIO.
A próxima cita será no Concurso organizado pola Asociación Galanía de Muros o 25 de maio.

DSC04181

4/25/2008

III SERAN DO MAR DE RIANXO

Vai de Roda de Rianxo vai a celebrar o III Serán do Mar de Rianxo o día 10 de maio.
Iniciarase ás 21,30 no Campo de Arriba; como podedes ver no cartel anunciador, contan cun lugar privilexiado para celebralo; de estar mal tempo, teñen como alternativa o edificio da Cofradía de Pescadores, polo que a festa está asegurada!

Dibujo

4/22/2008

Festa do folclore galego

O vindeiro sábado 26 ás 22h diante do Teatro Rosalía de Castro. 
Xacarandaina colaborando co Concello e dentro do programa de ocio NOITE NOVA, ofrece clases de balde e representación do folclore do país.
Muiñeiras, xotas, maneos, pandeiretas, gaitas, tamboriles, bailadores e bailadoras, haberá de todo, e queremos que ti tamén participes con nós, trae a todos os teus amigos e desfruta mirando, pero tamén participando porque se queres che ensinaremos a bailar e a tocar a pandeireta e o mellor é que as clases son de balde e para toda a familia.
Pásao a todos os teus contactos, e achegadevos todos, porque será unha gran festa e unha boa oportunidade de achegarte ao teu folclore, ás túas raíces.

--
JAVIER HERVA
Director do Círculo de Actividades
A.X. Xacarandaina
 
Asociación Xuvenil XACARANDAINA
Rúa Historiador Vedía, 3 - soto 1º
15004 A Coruña

Tlf: 981 277 315 / Fax: 981 275 472
www.xacarandaina.com
info@xacarandaina.com

Horario de oficina:
Luns a venres, de 10:30 a 12:30 e de 18:00 a 21:30 h.
Sábados de 10:00 a 14:00  h.

4/17/2008

TEATRO

Este domingo, día 20 de abril, o Grupo de Teatro do Centro Cultural de Xinzo representará unha PARODIA DE HUMOR.
A hora de comezo está prevista para as 18:00h.
Se queredes pasar un rato ameno pasaivos pola Casa Cultural da Asociación Os Muíños de Oliveira.
Un saúdo.
A blogmestra. 
4/14/2008

Novo éxito das nosas pandereteiras

Este domingo, día 13 de Abril, celebrouse o IX Concurso de Música Tradicional da A. X. Xiradela, como cada ano por estas datas, na cidade de Arteixo.
As Pandereteiras da A. C. "Os Muíños e Oliveira" participaron na categoría D, correspondente á media de idades máis alta, na que acadaron o 1º PREMIO.
A próxima cita será no Concurso de Música Tradicional da A. X. Xacarandaina, o vindeiro 27 de Abril.
Se queredes ver o vídeo da súa intervención en dito concurso, así como os de outras edicións, non tedes máis que entrar no seu espacio: http://pandereteiras-oliveira.spaces.live.com, ou pinchar no link do mesmo no noso apartado de "amigos".
DSC01126
4/7/2008

IV FOLIADA DE MELIDE

gaiteiro3[1]
27 DE ABRIL
PAZO DE CONGRESOS E EXPOSICIÓNS
 
O 27 de abril, último domingo do mes, terá lugar este encontro da música tradicional galega que contará nesta edición
cun importante incremento no número de stands expositores e de grupos participantes.
Este ano temos previsto a realización de obradoiros das profesións máis artesanais, coma a dos ferreiros, ademais de música, contacontos, conferencias e xogos tradicionais.
Próximamente informarémosvos da programación da IV Foliada
 
4/4/2008

III Foliada en Cerqueda (A. C. Raigañas)

Un ano máis a Asociación Cultural Raigañas convídavos a que compartades unha noite de Foliada. Non faltará música, comida, bebida, pero sobre todo moita alegría e ganas e pasalo ben. Haberá unha gran carpa con un palco e un bo equipo de son para que todo aquel que queira subir a tocar, cantar, bailar, regueifar, etc.. poida facelo sen máis. Acompañaranos o grupo de música tradicional "Media Ducia" así como as cantareira vellas de Cerqueda, as de Limiñoa , etc..
A cita é o próximo sábado 19 de abril á partir das 22.30 da noite nas Escolas de As Pozacas (no mesmo sitio que o ano pasado). Para os que vaian por primeira vez hai dúas opcións para chegar, ben dende a carretera de Buño Malpica collendo o desvío do Bar Asturiano ou ben dende a carretera de Buño -Ponteceso collendo o desvío para Cerqueda á altura da gasoliñeira de Pazos, de todas formas haberá carteis de sinalización e tamén  podedes chamar ó 696 37 27 29 (Mar) para indicarvos como chegar ou calquer outra duda.
Se  sabedes seguro que ides ir e ides subir ó escenario, agradecerían que llo comunicarades para poder organizar as actuacións.
4/3/2008

Próximas actuacións

Para todos aqueles que queirades ver e escoitar de novo ó Grupo de Baile e Música Tradicional da AC Os Muíños de Oliveira tedes novas oportunidades de facelo:
 
O Grupo de Pandereteiras participará o domingo 13 de abril  en Arteixo, no Concurso de Música Tradicional da AX Xiradela, pola tarde.
O Grupo de Baile actuará o sábado 26 de abril en Ribadetea, Ponteareas, pola mañá.
O Grupo de Pandereteiras participará o domingo 27 de abril en no Teatro Colón da Coruña, no Concurso de Música Tradicional da AX Xacarandaina, pola tarde.
3/3/2008

Serán 2008. Xota cruzada.

O serán de "Os Muíños de Olivera" préstase a calquera cousa. Sobre todo se os nosos ensinantes atopan quen lles siga o "rollo".
 
 
2/2/2008

CEA E FESTIVAL DE ENTROIDO

carnaval_venice18
 
A Asociación Os Muíños de Oliveira organiza para o día 9 de febreiro (sábado) ás 21h unha cea de entroido no Centro Cultural. O menú será Lacón con grelos.
A cea estará amenizada pola actuación dunha charanga, e poderedes participar no Concurso de Disfraces; non hai límite de idade!
Todos aqueles que queiran anotarse deberán facelo antes do día 6 de febreiro nos seguintes números de teléfono:
986 640 794
986 661 863
986 661 818
Animádevos a participar!
1/21/2008

SERÁN EN OLIVEIRA

O día 1 de MARZO (sábado), a partir das 21h dará comezo o serán que organiza a nosa asociación "Os Muíños de Oliveira".
Nel participarán, como tódolos anos, xente desta comarca e das colindantes.
Haberá pinchos e chocolate para todos os asistentes.
Un saúdo.
A bolgmestra.
12/3/2007

Obradoiro de construcción de Palletas e Pallóns

Esta ponte o xoves 6, venres 7 e sábado 8 de decembro, a Asociación Cultural Retrouso (Bueu) vai celebrar un Obradoiro de construción de palletas e pallóns. O horario será de 4 a 7 da tarde e o custo é de 10 euros. Impartirao o artesán e gaiteiro do Hío Cristóbal Prieto.

Tedes toda a información no cartel adxunto e no blog http://www.blogoteca.com/retrouso

cursopalletasRetrouso2007



11/27/2007

Serán en Couso

sábado 1 de decembro, a partir das 20:30h, Serán en Couso (Gondomar).

seran[1]

11/22/2007

X CONCURSO DE TARTAS CASEIRAS

A Asociación Cultural "Os Muíños de Oliveira" celebra, como cada novembro, o xa popular "Concurso de Tartas", que chega á súa X edición. Este ano terá lugar o domingo 25 de novembro ás 18:00h na sede da asociación en Santiago de Oliveira (Ponteareas).
 
Os premios otorgaranse segundo as seguintes categorías:
1º, 2º e 3º - Degustación
1º, 2º e 3º - Presentación
1º, 2º e 3º - Infantil
 
Nesta ocasión o Xurado estará formado por:
Pilar Alonso Suárez e Daniel González, da Escola de Hostalería "Harina Blanca" de Vigo
María José Viana González, directora da Escola de Hostalería "Emprendex" de Tui
 
Os premios foron doados polo Exc. Concello de Ponteareas e por distintas casas comercias da zona (para eles vai este agradecemento pola colaboración prestada).
Coma sempre, trala entrega de premios, o público asistente poderá probar as obras culinarias presentadas ó concurso.
A festa estará amenizada polo grupo de música e bailes "Os Muíños de OLiveira".
 
Esperámosvos para o veredicto máis importante: o voso.

DSCF0002