![]() |
|
Spaces home A. C. Os Muíños de Olive...PhotosProfileFriendsMore ![]() | ![]() |
A. C. Os Muíños de OliveiraPola recuperación das nosas tradicións
|
||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Presupostos e contratación
Hola a todos. Este é o lugar onde poderedes deixar as vosas suxestións e opinións. Un saúdo.
|
7/8/2008 Novo éxitoComo xa dixeramos anteriormente, o pasado domingo 6 de xullo celebrábase o Concurso de Baile Tradicional da AX Xacarandaina, no que participaron, na categoría C, a canteira do GBMT da AC Os Muíños de Oliveira, interpretando unha Muiñeira de Carelle.
Tiveron un grupo de acompañamento de luxo: gaita, tambor, bombo, acordeón, pandeireta, botella...
Os rapaces fixérono moi ben, polo que gañaron o 3º PREMIO, e dende aquí dámoslle todos a nosa máis sinceira noraboa.
Seguide así, rapaces! 6/27/2008 Participación no Concurso de Baile Tradicional da AX XacarandainaO domingo 6 de xullo celebrarase, coma tódolos anos por estas datas, o Concurso de Baile Tradicional da AX Xacarandaina no Palacio da Ópera da cidade da Coruña.
Este ano participará nel, na categoría C, a canteira do GBMT da AC Os Muíños de Oliveira, interpretando unha Muiñeira de Carelle.
Dende aquí mandámoslle ánimo ós nosos rapaces para que o fagan todo o mellor que saben.
6/5/2008 Novo premio das PandereteirasO día 25 de Maio, celebrouse o I Concurso de Música Tradicional da A. C. Galanía na vila de Muros.
As Pandereteiras da AC Os Muíños de Oliveira participaron na categoría C, correspondente á media de idades máis alta, na que acadaron o 2º PREMIO.
Por cuestións de axenda polo momento non poderán presentarse a máis concursos de música tradicional, polo que vos animamos a vir ás actuacións do GMBT "Os Muíños de Oliveira" se vos apetece disfrutar un rato da nosa música e o noso baile. 5/15/2008 Novas actuaciónsNovas datas de actuacións do Grupo de Baile e Música Tradicional da AC Os Muíños de Oliveira:
O Grupo de Baile actuará o sábado 17 de maio en Ponteareas pola mañá, con motivo da celebración do Día das Letras Galegas.
O Grupo de Pandereteiras participará o domingo 25 de maio en Muros, no Concurso de Música Tradicional da Asociación Galanía.
O Grupo de Baile volverá actuar o sábado 7 de xuño en Pontesampaio, Pontevedra, pola tarde, con motivo da Festa dos Héroes; e o domingo 8 de xuño en Xinzo, Ponteareas, tamén pola tarde. O domingo 15 de xuño participarán no Festival Folclórico de San Xoan de Longos Vales, en Monçao, Portugal. 4/28/2008 Novos resuladosEste domingo, día 27 de Abril, celebrouse o Concurso de Música Tradicional da A. X. Xacarandaina na cidade de A Coruña.
As Pandereteiras da A. C. "Os Muíños e Oliveira" participaron na categoría D, correspondente á media de idades máis alta, na que acadaron o 2º PREMIO.
A próxima cita será no Concurso organizado pola Asociación Galanía de Muros o 25 de maio.
4/25/2008 III SERAN DO MAR DE RIANXOVai de Roda de Rianxo vai a celebrar o III Serán do Mar de Rianxo o día 10 de maio.
Iniciarase ás 21,30 no Campo de Arriba; como podedes ver no cartel anunciador, contan cun lugar privilexiado para celebralo; de estar mal tempo, teñen como alternativa o edificio da Cofradía de Pescadores, polo que a festa está asegurada!
4/22/2008 Festa do folclore galegoO vindeiro sábado 26 ás 22h diante do Teatro Rosalía de Castro.
Xacarandaina colaborando co Concello e dentro do programa de ocio NOITE NOVA, ofrece clases de balde e representación do folclore do país.
Muiñeiras, xotas, maneos, pandeiretas, gaitas, tamboriles, bailadores e bailadoras, haberá de todo, e queremos que ti tamén participes con nós, trae a todos os teus amigos e desfruta mirando, pero tamén participando porque se queres che ensinaremos a bailar e a tocar a pandeireta e o mellor é que as clases son de balde e para toda a familia.
Pásao a todos os teus contactos, e achegadevos todos, porque será unha gran festa e unha boa oportunidade de achegarte ao teu folclore, ás túas raíces. -- JAVIER HERVA Director do Círculo de Actividades A.X. Xacarandaina Asociación Xuvenil XACARANDAINA Rúa Historiador Vedía, 3 - soto 1º 15004 A Coruña Tlf: 981 277 315 / Fax: 981 275 472 www.xacarandaina.com info@xacarandaina.com Horario de oficina: Luns a venres, de 10:30 a 12:30 e de 18:00 a 21:30 h. Sábados de 10:00 a 14:00 h. 4/17/2008 TEATROEste domingo, día 20 de abril, o Grupo de Teatro do Centro Cultural de Xinzo representará unha PARODIA DE HUMOR.
A hora de comezo está prevista para as 18:00h.
Se queredes pasar un rato ameno pasaivos pola Casa Cultural da Asociación Os Muíños de Oliveira.
Un saúdo.
A blogmestra.
|
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
|