More servicesWindows Live
HomeHotmailSpacesOneCare
 
MSN
Sign in
 
 
Spaces home  A. C. Os Muíños de Olive...PhotosProfileFriendsMore Tools Explore the Spaces community

A. C. Os Muíños de Oliveira

Pola recuperación das nosas tradicións
Presupostos e contratación
Hola a todos.
Este é o lugar onde poderedes deixar as vosas suxestións e opinións.
Un saúdo.
View space
Samuel
View space
Elias
View space
yago
View space
Diego
View space
Pandereteiras Os Muíños de Oliveira
View space
Nuria
View space
Pedra da Garza
View space
Vane

8/27/2008

Próximas actuacións

O GBMT "Os Muíños de Oliveira" parcipará unha vez máis na próxima edición do Festival Folklórico do Condado organizado polo Concello de Ponteareas.
Nesta ocasión a cita terá lugar a tarde do día 14 de setembro na Praza Maior de dito concello.
Esperámosvos.
7/8/2008

Novo éxito

Como xa dixeramos anteriormente, o pasado domingo 6 de xullo celebrábase o Concurso de Baile Tradicional da AX Xacarandaina, no que participaron, na categoría C, a canteira do GBMT da AC Os Muíños de Oliveira, interpretando unha Muiñeira de Carelle.
Tiveron un grupo de acompañamento de luxo: gaita, tambor, bombo, acordeón, pandeireta, botella...
Os rapaces fixérono moi ben, polo que gañaron o 3º PREMIO, e dende aquí dámoslle todos a nosa máis sinceira noraboa.
Seguide así, rapaces!
6/27/2008

Participación no Concurso de Baile Tradicional da AX Xacarandaina

O domingo 6 de xullo celebrarase, coma tódolos anos por estas datas, o Concurso de Baile Tradicional da AX Xacarandaina no Palacio da Ópera da cidade da Coruña.
Este ano participará nel, na categoría C, a canteira do GBMT da AC Os Muíños de Oliveira, interpretando unha Muiñeira de Carelle.
Dende aquí mandámoslle ánimo ós nosos rapaces para que o fagan todo o mellor que saben.

DSC04226

6/5/2008

Novo premio das Pandereteiras

O día 25 de Maio, celebrouse o I Concurso de Música Tradicional da A. C. Galanía na vila de Muros.
As Pandereteiras da AC Os Muíños de Oliveira participaron na categoría C, correspondente á media de idades máis alta, na que acadaron o 2º PREMIO.
 
Por cuestións de axenda polo momento non poderán presentarse a máis concursos de música tradicional, polo que vos animamos a vir ás actuacións do GMBT "Os Muíños de Oliveira" se vos apetece disfrutar un rato da nosa música e o noso baile.
5/15/2008

Novas actuacións

Novas datas de actuacións do Grupo de Baile e Música Tradicional da AC Os Muíños de Oliveira:
 
O Grupo de Baile actuará o sábado 17 de maio en Ponteareas pola mañá, con motivo da celebración do Día das Letras Galegas.
O Grupo de Pandereteiras participará o domingo 25 de maio en Muros, no Concurso de Música Tradicional da Asociación Galanía.
O Grupo de Baile volverá actuar o sábado 7 de xuño en Pontesampaio, Pontevedra, pola tarde, con motivo da Festa dos Héroes; e o domingo 8 de xuño en Xinzo, Ponteareas, tamén pola tarde. O domingo 15 de xuño participarán no Festival Folclórico de San Xoan de Longos Vales, en Monçao, Portugal.
4/28/2008

Novos resulados

Este domingo, día 27 de Abril, celebrouse o Concurso de Música Tradicional da A. X. Xacarandaina na cidade de A Coruña.
As Pandereteiras da A. C. "Os Muíños e Oliveira" participaron na categoría D, correspondente á media de idades máis alta, na que acadaron o 2º PREMIO.
A próxima cita será no Concurso organizado pola Asociación Galanía de Muros o 25 de maio.

DSC04181

4/25/2008

III SERAN DO MAR DE RIANXO

Vai de Roda de Rianxo vai a celebrar o III Serán do Mar de Rianxo o día 10 de maio.
Iniciarase ás 21,30 no Campo de Arriba; como podedes ver no cartel anunciador, contan cun lugar privilexiado para celebralo; de estar mal tempo, teñen como alternativa o edificio da Cofradía de Pescadores, polo que a festa está asegurada!

Dibujo

View more entries